VILAGARCÍA > O vindeiro venres os socios do Liceo Casino de Vilagarcía votarán a nova xunta directiva. Álvaro Paz, é o único candidato a presidencia, leva moitos anos formando parte do equipo organizativo da asociación e era o responsable das actividades náuticas. Entre os proxectos máis importantes da nova etapa do Liceo, atópase a cidade deportiva na zona dos "picoutos".
Álvaro Paz foi durante a pasada lexislatura o responsable dos deportes náuticos do Liceo Casino de Vilagarcía. Ata de agora é o único candidato á presidencia da asociación e o vindeiro venres os socios terán que votar a súa decisión. Na súa candidatura non está só a nova Cidade Deportiva, outra das súas prioridades son a mellora das instalacións náuticas e a instalación dun ascensor na sede.
A directiva que se formaría con Álvaro Paz dará prioridade as actividades impulsadas polos propios socios.
Redacción Salnés