Denuncian un novo vertido na Ponte de San Antonio

    vertidobng.jpgPOBRA> O BNG da Pobra fíxose eco da denuncia dos veciños da Ponte de San Antonio ante a existencia dun vertido.

    {flowplayer}barbanza/denunciavertidobngpobra.flv{/flowplayer}

    Ante as queixas dos veciños da zona, os edís nacionalistas desprazáronse ata a zona das Xunqueiras para corroborar a existencia dun vertido directo ás augas do Areal.

    Dende o BNG lembran que non se trata dun caso illado senón que na zona se rexistran vertidos de xeito constante dende hai anos.

    Danos no emisario

    Pola contra, dende o concello aclararon que non se trata dun vertido senón da rotura do emisario a causa do recente temporal. Os técnicos da empresa Nima xa se desprazaron ata a zona para revisar os desperfectos e buscarlle solución. Dado que se trata dunha actuación sinxela, consistente na soldadura da tubaxe, daraselle resposta nos próximos días.

    Pola súa banda, o acalde Isaac Maceiras amosouse moi crítico co BNG que en lugar de informar ó concello ou á empresa concesionaria dedícase a malinformar á opinión pública con feitos sen contrastar.

    Redacción Barbanza