Cuestionan a seguridade de Brenntag ó descargar o tolueno

    testemuna copia.jpg PONTEVEDRA> Foi un camioneiro que compareceu como testemuña na primeira xornada de xuízo polo incendio da planta química caldense.

    {flowplayer}images/salnes/xuizo_brenntag_190312.flv{/flowplayer}

    Os operarios de Brenntag e maila conselleira de seguridade, acusados do incendio da química asentada en Caldas e que contaminou o río Umia, aseguran que tiñan conectadas as pinzas do contedor de tolueno a unha toma de terra. Fiscal e acusación póñeno en dúbida e cren que esa foi a causa de que se producise a deflagración que deu lugar ó incendio acontecido o 1 de setembro de 2006. Os empregados declaráronse non culpables e defenderon a súa actuación durante a operación de descarga do tolueno.

    Neste primeiro día de xuízo, pasou a declarar como testemuña prexudicada o conductor dun dos camións de mercadorías perigosas que estaba no momento do accidente esperando a que lle descargaran a súa cisterna. No incendio perdeu o camión e os enseres persoais que tiña no interior e asegurou que o sinistro lle cambiou a vida. Na súa declaración insistiu en que el non viu conectada a cisterna onde se descargaba o tolueno á toma de terra.

    Os imputados deixaron claro que naquel fatídico día facía moito calor, e que os contedores estaban moi quentes. En canto á contaminación do río Umia, aseguraron que xa con anterioridade a este accidente viron peixes mortos.

    Os tres empregados da firma están imputados por un suposto delicto contra os recursos naturais e o medio ambiente, por omisión e imprudencia grave. O fiscal pide para eles castro meses e 15 días de prisión e indemnizacións por valor de dez millóns de euros, dos cales 9,6 corresponderían á Xunta, por custes de actuación, danos ecolóxicos e obras de emerxencia.

    Redacción Salnés