O BNG dubida dos informes científicos que avalan a redución dos TACs

    xuntanzacotasbng.jpgRIBEIRA> A voceira do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, mantivo un encontro cos representantes da flota afectados pola redución dos TACs,

    {flowplayer}barbanza/bngxuntanzareducioncotas.flv{/flowplayer}

    Dende o BNG consideran que non existe unha base científica que xustifique a redución dos TACs posto que os informes non acreditan unha perda dos recursos pesqueiros. Máis ben cren que se trata dun problema de falla de vontade política á hora de negociar as cotas, tanto por parte do goberno español como da Xunta.

    Ademais de elevar o problema ata o parlamento europeo, onde actualmente se debate a reforma da política pesqueira común, o BNG presentará mocións nos concellos do Barbanza instando á Xunta a demandar a convocatoria urxente dun novo consello de Ministros da Unión Europea para renegociar as cotas.

    Graves socioeconómicos

    Este sería o único xeito de evitar o amarre da flota pesqueira e a perda do mercado, co grave impacto socioeconómico para toda a bisbarra.

    No caso de non acadar unha excepción para o caladoiro do Cantábrico Noroeste piden á Xunta que farante medidas compensatorias para os traballadores afectados.

    Redacción Barbanza