Ana Pontón arroupa ós candidatos de Muros-Noia na súa presentación

MUROS> A voceira nacional do BNG participou no acto de presentación dos candidatos da comarca de Muros-Noia. Repiten todos agás Anxo Núñez que toma o relevo de María José Suárez.

María Lago en Muros, Anxo Núñez en Outes, Ricardo Suárez en Noia, Anxo Moledo en Lousame, Balbino González en Porto do Son e Juan Blanco en Mazaricos. Estes nomes completan a lista de candidatos que concorrerán ás municipais polo BNG na comarca de Muros Noia.

A portavoz nacional participou no acto de presentación dos cabezas de cartel, augurando un resultado histórico en tódolos concellos da bisbarra.Os nacionalistas preséntanse como alternativa de goberno nestes concellos eminentemente rurais cun programa centrado en mellorar a calidade de vida da veciñanza a través do appio á mobilidade e á economía local e unha aposta firme polo servizos públicos.

Pontón animou ós candidatos a seguir traballando de cara á cita electoral da que, dixo, o BNG sairá reforzado sendo a forza que máis suba aumentando a representación nos concellos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí