O corte de tráfico na AC-305 á altura de Vilariño desata as críticas dos populares

    ppcorteestradavilario_070308.jpgBARBANZA > Manuel Ruíz denuncia que a empresa adxudicataria das obras da autovía volve a vulnera-lo prego de cláusulas administrativas do contrato.

    Para Manuel Ruíz trátase dun novo trato de favor dispensado pola Xunta de Galicia á empresa adxudicataria. Por esta razón anunciou que o Grupo Popular formulará unha iniciativa parlamentaria na que reclamará tódolos documentos relacionados con este novo atranco para os automobilistas da comarca do Barbanza, dende o convencemento de que a Xunta nin sequera elaborou un plan de tráfico vinculado ó peche da vía rápida. Para Ruiz Rivas, o desvío que se vai establecer cara o cemiterio de Vista Alegre vai entorpecer aínda máis o tránsito pola xa saturada estrada comarcal e podería traducirse en perdas adicionais para os negocios da comarca, especialmente agora que se aveciña a Semana Santa. Segundo el tradicionalmente, a comarca da Barbanza recibía unha elevada alfluenza de visitantes e turistas durante este período vacacional. Sen embargo, con todos estes atrancos que se están a rexistrar está por ver cal vai ser o comportamento destes visitantes durante a próxima Semana Santa de 2008. Por iso, o PPdeG reclama que a Xunta de Galicia adopte as medidas necesarias para que este novo peche da vía non se faga efectivo durante a Semana Santa, evitando prexuízos adicionais para os negocios do Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/ppcorteestradavilarino.flv{/flowplayer}

    Importantes perdas

    O deputado popular recorda que, segundo cálculos do PPdeG, nos máis de 5 meses transcorridos desde o peche da vía rápida, os prexuízos ocasionados ós usuarios sitúanse no entorno dos 15 millóns de euros, mentres que as perdas para o conxunto da comarca son incuantificables. Pola contra, o peche da vía supón un aforro mínimo de 3,2 millóns de euros para a empresa contratista da obra, segundo unha peritaxe encargada polo propio PPdeG.

    Redacción Barbanza