Habilitan un teléfono gratuíto para recadar información sobre Sonia

    telefono_sonia_iglesiascopy.jpgPONTEVEDRA> O número é o 900 103 107. Desde a familia sinalan que o obxetivo é obter información que axude a esclarecelo caso.

    A familia da pontevedresa Sonia Iglesias ven de habilitar unha liña telefónica para recadar información que axude a resolvelo caso.

    Unha acción máis despois de que o pasado venres se convocase a última manifestación, cando se cumprían seis meses da súa desaparición. Nesta concentración a voceira da familia, Isabel Martínez, confesou que manteñen a esperanza de que se van esclarelos feitos.

    A pesares do mal tempo esta foi, outra vez máis, unha concentración multitudinaria. O obxectivo era deixar de manifesto que non se esquecen de Sonia e o lembren tanto a policía, a cidadanía en xeral coma os responsables do suceso, engadiu Isabel Martínez.

    O número habilitado é o 900 103 107. As chamadas serán recibidas nun contestador que posteriormente serán analizadas por expertos da Policía.

    Sinalan desde o seo da familia que a liña, que é gratuíta, está destinada a aqueles que teñan datos sobre o acontecido e que, de xeito anónimo, poidan ser útiles para a investigación. 

    Redacción Salnés