O BNG de Ribeira pon en marcha unha campaña de apio ó comercio de proximidade

RIBEIRA> O BNG de Ribeira puxo en marcha unha campaña de apoio ó comercio local. Baixo o lema ‘Mellor local, mellor galego, aposta polo noso’ buscan incentivar o consumo no comercio de proximidade durante este Nadal.

O consumo de produtos galegos é a mellor opción nestas datas para xerar riqueza e emprego nas vilas. Así o entende o BNG de Ribeira que vén de lanzar unha campaña de apoio ó comercio local para incentivar o consumo nas tendas de barrio como alternativa a grandes superficies ou plataformas de venda on line.

Ademais do reparto de folletos informativos, os nacionalistas lanzaron unha serie de propostas para contibuír a relanzar un sectro moi afectado pola crise sanitaria. Entre elas, a necesidade de promover unha nova Lei de Comercio que regule horarios e temapadas de rebaixas e a creación dun selo de calidade para os produtos de orixe galega.

Dende o BNG destacaron tamén a importancia da posta en marcha dos bonos comercio que, supoñer un aforro para os consumidores nas compras de Nadal, suporá un importante incentivo das vendas nos numerosos comercios adheridos á campaña ‘Ama Ribeira’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí