RIANXO> Este sábado sete de abril arrancará a primeira das charlas deste ciclo sobre actividades físicas e deporte promovido polo Seminario Galego de Deporte Base en colaboración co concello de Rianxo e Aquafit, empresa concesionaria do servizo da piscina municipal. A experta nutricionista Marisol Filgueiras López ofrecerá unha charla sobre nutrición saudable tanto en xeral como no ámbito deportivo. Esta será a primera das conferencias dun ciclo de catro charlas que terán continuidade o cinco de maio cunha intervención sobre primeiros auxilios. O dezanove de maio tocaralle a quenda ó desenvolvemento da forza mentres que o ciclo pechará o nove de xuño cun relatorio sobre o adestramento da resistencia. O programa vai dirixido a adestradores e persoal técnico dos clubs deportivos que desexen ampliar a súa formación. Os interesados poden solicitar máis información no departamento de deportes , na piscina municipal ou no Smeinario Galego de Deporte Base. O prezo da inscrición e de tres euros por charla para persoall externo e dous euros para socios da piscina. Os clubs deportivos de Rianxo contarán tamén cun prezo especial pidendo incrsibir a cinco monitores nas catro charlas por trinta euros.
Inicio BARBANZA