Crean unha comisión técnica para pór fin á vaga de roubos

    XOSE_CASTRO_RATON_ALCALDE_FUNCIONScopy.jpgVILAGARCÍA> Malia a ausencia do Subdelegado do Goberno, o alcalde en funcións valorou que a xuntanza estivo xustificada en fondo e forma.

    {flowplayer}images/salnes/SEGURIDADE_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Debido á vaga de roubos que azoutou a capital arousá nas últimas semanas, esta mañá o alcalde en funcións, Xosé Castro Ratón, reuniuse cunha representación da policía local, do goberno autonómico e a secretaria local do concello.

    O obxectivo final destas xuntanzas é lograr que haxa un fluxo de comunicacións para que a policía poida dar resposta ás necesidades dos comerciantes e hostaleiros.

    Por iso, na reunión acordaron a creación dunha comisión técnica que permitirá avaliala problemática, coordinar ós diferentes sectores e elaborar un decálogo de recomendacións.

    A gran ausencia a esta reunión foi a do Subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, quen desde un principio discrepou sobre a necesidade de convocar unha xunta local de seguridade, segundo explicou Castro Ratón. Engadiu que a súa convocatoria está máis que xustificada tanto no fondo como na forma.

    Co fin de que esta comisión técnica acade os mellores resultados, mañá mesmo mandarán a Subdelegación os acordos acadados de xeito que a vindeira semana se convoque a primeira xuntanza.

     Preocupación cidadá

    Mentres estas medidas non se fagan efectivas ó 100%, a preocupación entre os veciños é patente. Aínda así, seguen considerando que Vilagarcía é unha cidade segura ó tempo que sinalararon que debería aumentar a vixiancia policial.

    Redacción Salnés