Os pais do Salustiano Rey Eiras denuncian a falla de titor en cuarto da ESO

    POBRA> Os membros da Anpa do Colexio Salustiano Rey Eiras da Pobra, recollen firmas esixindo que Educación envíe un substituto para cubrir á titora de 4º de ESO xubilada o pasado 13 de setembro. De momento, os alumnos están co profesor de garda durante as horas de titoría. Un cento de pais e nais da ANPA do centro pobrense de Infantil e Primaria, concentráronse ás portas do colexio para estudar as medidas a adoptar, ante a falta de resposta oficial da Consellería, despois de que unha clase de Cuarto de Eso, quedase sen titora o pasado 12 de setembro por unha xubilación, que xa se coñecía de antemán. AS consecuencias desta situación, segundo afirman desde a ANPA, as están pagando tódolos alumnos e alumnas do centro, por iso farán o que estea na súa man para defender o dereito dos 375 rapaces e rapazas. De momento, emprenderon unha recollida de firmas que desde onte á tarde leva xa centos de sinaturas. Varios dos concentrados tiñan previsto realizar unha sentada ás portas do colexio, ás nove da mañá, para impedir de xeito simbólico a entrada dos alumnos á escola. As protestas continuará, afirman, ata que entendan que este é un problema non só dos alumnos de Cuarto A, senón de toda a comunidade educativa do centro.