A ocupación hoteleira no Barbanza sitúase ó redor do 80% na Semana Santa

    BARBANZA/NOIA> Os datos son lixeiramente superiores ós de anos anteriores debido fundamentalmente á boa climatoloxia. O sector hostaleiro desta comarca ten postas moitas esperanzas nesta Semana Santa, a pesar de non ser un período demasiado forte en canto á chegada de turistas. Aínda así a maior ou menor ocupación estes días está condicionada por dous factores fundamentais como son as reservas de última hora e o tempo, este último un aspecto moi importante, sobre todo nas zonas costeiras, parece que vaia acompañar este ano. Con respecto a anos anteriores a situación é moi semellante, con niveis de ocupación entre un 60 e un 80%, confiando en que as condicións metereolóxicas traian consigo un incremento das reservas de última hora. Aínda así a presenza de turistas estes días estase a deixar notar na nosa zona. Na maioría dos casos repiten, atraídos pola beleza da paisaxe, a rica gastronomía e as praias.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí