‘Foron unhas palabras lamentables e unha reacción desproporcionada’

    XOSE_CASTRO_RATON_ALCALDEcopy.jpgVILAGARCÍA> Deste xeito cualificou o alcalde en funcións a valoración do Subdelegado do Goberno da Xunta Local de Seguridade.

    E é que o Subdelegado do Goberno, Delfín Fernández confesou que ó seu parecer a convocatoria desta Xunta Local de Seguridade non se debe máis que á histeria electoral.

    Isto levou ó alcalde en funcións de Vilagarcía a cualificar de lamentables e desproporcionadas as palabras de Delfín Fernández. Di, ademais, que tamén responden a unha falta de lealdade institucional.

    Ante estas declaracións, esta mesma mañá, o Subdelegado non quixo pronunciarse ó respecto e dixo que, pola súa banda, o tema estaba zanxado.

    Lembremos que estas discrepancias nacían á raíz da convocatoria da xunta local de seguridade por parte de Castro Ratón, ante a proliferación de roubos na capital arousá.

    Aínda así, Castro Ratón confesou que é tempo de traballar conxuntamente e agarda que a Subdelegación se sume ó acordo de crear unha comisión técnica.

    Hostalería

    Neste senso, a asociación de hostaleiros de Vilagarcía valorou moi positivamente a creación dunha comisión técnica para dar solución a esta problemática.

    Por unha banda, permitirá que os sectores implicados poidan expresar as súas opinións e por outra banda, permitiralles escoitalas recomendacións que lles poidan facilitar na comisión técnica.

    Oposición

    Con todo, as reaccións por parte da oposición non fixeron agardar. O voceiro de IVIL, José Luis Rivera Mallo, sinalou que este desentendemento denota a descoordinación e desencontro de dúas institucións públicas. No caso do partido popular, Tomás Fole considerou fóra de lugar que o Subdelegado se dirixa neses termos a un rexedor municipal e lamentou, o que el definiu, coma unha guerra aberta entre PSOE e BNG.

    Redacción Salnés