A veciñaza da contorna das Carolinas reclama máis seguridade ante os numerosos atropelos

VILAGARCÍA> A veciñanza da avenida das Carolinas reclama ao concello de Vilagarcía medidas de seguridade para evitar máis accidentes. Co atropelo do policía xa son 3 as persoas que foron arroladas na zona nos últimos meses. Piden recortar a beirarrúa para aumentar a parada de bus e mellorar a sinalización dos pasos de peóns.

A avenida das Carolinas de Vilagarcía rexistrou ata 3 atropelos nos últimos meses. Os veciños da contorna reclaman ao concello que tome medidas de seguridade para evitar máis accidentes. Entre a súas propostas, a principal é recortar a beirarrúa para aumentar a parada do bus e protexer, especialmente, aos escolares.

Sinalizar os pasos de peóns e máis presencial policial son outras das medidas que reclama a asociación.

Dende asociación rexeitan a posibilidade de poñer semáforos xa que se trata dunha das arterias principais de Vilagarcía. O que si verían con bos ollos é a colocación de lombos.

A asociación xa enviara un escrito ao concello reclamando estas medidas. A proposta de ampliación da parada do bus foi aprobada pero case un ano despois, aínda non se comezou a obra. Os veciños mandarán outro escrito a Ravella. Lamentan que as administración agarden a que pasen desgrazas para tomar medidas.