Rañeiros reclama medidas para rexenerar os bancos de libre marisqueo da ría de Arousa

A ILLA> Rañeiros da Ría solicitará á Xunta medidas para rexenera-los bancos de libre marisqueiro da ría de Arousa. O colectivo trasladará esta proposta a Mar este venres, nunha reunión na que tamén pedirá o peche dos Lombos ante a escaseza e recurso que, ademais, é de talle moi pequeno. Entenden que frea-la extracción, polo menos, ata outubro axudaría á recuperación da zona.

Será este venres cando Rañeiros da Ría traslade á Xunta as súas propostas para recupera-los bancos de libre marisqueo de Arousa. Unhas medidas, indican dende o colectivo, pensadas para Os Lombos, Cabío e O Bohído.

Porque a situación este ano, di Rial, é complicada, en especial nos Lombos. De feito, nesa xuntanza con Mar Rañeiros da Ría solicitará o peche deste banco, ante a escaseza de recursos. Porque ese é o outro problema que detectan os escasos barcos que se están achegando estes días aos Lombos. O marisco non dá a talla.

A última palabra sobre o peche dos Lombos dependerá da Consellería. De facerse efectiva esta medida, prolongaríase, polo menos, ata o mes de outubro.