O director dunha sucursal bancaria evita un atraco desarmando ó ladrón

    atraco copia100.jpgVALGA> Ó verse desarmado, o asaltante fuxiu da oficina deixando atrás o sobre cos cartos da sucursal.

    {flowplayer}images/salnes/ATRACO_BANCO_VALGA.flv{/flowplayer}

    Nesta sucursal de Nova Caixa Galicia, situada en pleno centro de Valga fronte o seu concello foi onde se produciu o suceso. Ó redor das 09:20 horas desta mañá, un home armado e cuberto cunha boina e unha perruca entraba na oficina, onde só se atopaba o seu director. Foi entón cando lle esixiu que lle entregara todo o diñeiro.

    Ante a imposibilidade para activar a alarma, o director da sucursal indicou ó asaltante o caixón onde se atopaban os cartos. No momento no que o ladrón lle deu as costas para facerse co diñeiro, o responsable da oficina iniciou un forcexeo co que conseguiu desarmar o atracador. Unha vez sen arma, que finalmente resultou ser falsa, o ladrón se deu á fuga deixando atrás o sobre que contiña o diñeiro da sucursal.

    Nestes momentos o home está a ser buscado pola Garda Civil, que dende esta mañá activou un amplo dispositivo para identificar ó responsable do asalto.

    Redacción Salnés