Primeira xuntanza da nova directiva do Liceo Casino

    VILAGARCIA> A nova directiva do Liceo Casino de Vilagarcía celebrou onte a súa primeira xunta directiva.

    {flowplayer}images/salnes/nova_directiva_liceo_casino.flv{/flowplayer}

    Unha reunión que o seu presidente, Antonio Castro, cualificou de moi grata e chea de propostas dos socios. Un acto no que deron a coñecer case o total dos integrantes desta nova equipa.

    Nesta reunión, amais de coñecer gran parte da composición do equipo que lidera Antonio Castro, déronse conta das primeiras actuacións que pretende levar a cabo esta nova xerencia: a primeira delas a recentemente creada páxina web; que virá a mellorar a comunicación interna e externa; que se estenderá amais ás plataformas 2.0.

    As melloras propostas pola nova equipa directiva estenderanse a outros ámbitos: a cafetería empezará a funcionar con tódolos servicios a primeiros do mes que ven; e un acordo ca aseguradora Génesis reportará importantes descontos ós asociados. Amais, o Liceo fará fincapé na dinamización da actividade social dest eente, departamento do que se vai a encargar Cheli Pérez, e que terá como epicentro o seu local da rúa Castelao.

    Redacción Salnés