![]()
CAMBADOS > Debater sobre o futuro das mancomunidades. Éste é o obxectivo do I Foro de Mancomunidades de Municipios de Galicia.
Representantes de diversas Mancomunidades de Galicia reúnense ata mañá no Parador de Cambados para debater sobre o futuro destas entidades supramunicipais.
Trala inauguración, que correu a cargo do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, comezaron as ponencias. Unha das primeiras foi a impartida polo presidente da Mancomunidade do Salnés sobre ‘Os servizos xestionados de forma mancomunada do Salnés’. Domínguez destacou o diferencia funcionamento de cada entidade e as necesidades xurídicas e funcionais que ten dependendo desto.
Para iso e para garanti-lo seu futuro se desenvolve este primeiro foro no que tamén interviu o xerente da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, quen contou a súa experiencia e como están adaptando o seu traballo ó que será a futura área metropolitana de Vigo.
Os ponentes, entre os que había moitos alcaldes e concelleiros do Salnés, comeron na Escola de Hostalería do Salnés, pertencente á Mancomunidade, e pola tarde fixeron unha ruta turística pola comarca. Mañá continuarán as ponencias e preto do mediodía farase unha mesa coloquio onde se porán sobre a mesa as conclusións deste foro que está previsto que clausure o conselleiro da Presidencia, José Luis Méndez Romeu.
Redacción Salnés









