59 distintivos do SICTED recoñecen a calidade turística

    fotocalidade copia100.jpgSANXENXO> Este é un recoñecemento a nivel nacional do Sistema Integral de Calidade Turística deste Destino.

    {flowplayer}images/salnes/XornadasCalidadeTuristicaSanxenxo.flv{/flowplayer}

    Este distintivo otorgase a aquelas entidades que poñen en funcionamento unha serie de protocolos para mellorar a calidade dos servizos turísticos. É o recoñecemento do Compromiso de Calidade turística 2010 – 2012. Coa súa presenza nesta xornada a secretaria xeral para o turismo quixo recordar a importancia deste sector en Sanxenxo.

    Ademais tanto a Carmen Pardo como Catalina González quixeron felicitar ós empresarios polo traballo feito ata o de agora e facer un chamamento para que continúen nesa liña e traten de acadar aínda máis distintivos.

    A secretaria fixo aproveitou a ocasión para explicar as axudas que dende a súa área están a promover para os segmentos de turismo activo, aventura e actividades de lecer e tempo libre. Nestas subvencións levarase a cabo unha discriminación positiva á hora de concedelas tendo en conta a Q de calidade turística ou o distintivo do SICTED.

    Redacción Salnés