Non poden instalar as súas naves no polígono pola falla de luz

    deficienciasespineira.jpgBOIRO> Empresarios que adquiriron parcelas na segunda fase do polígono industrial de Espiñeira quéixanse da falla de subministro eléctrico, culpando desta situación a Xestur.

    {flowplayer}barbanza/deficienciasespineira.flv{/flowplayer}

    A inauguración da segunda fase do polígono de Espiñeira producíase no ano 2008. Abríase daquela un novo panorama para moitos empresarios que adquiriran parcelas neste parque coa finalidade de poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Pero dous anos despois a situación para moitos deles segue a ser angustiosa. A pesar de ter xa construída a súa nave non poden iniciar a actividade pola falla de electricidade. Un problema do que culpan dende o concello a Xestur, empresa pública responsable da xestión do parque empresarial boirés.

    A situación é especialmente grave nun contexto económico como o actual, onde o necesario son iniciativas empresariais para a creación de novos postos de traballo.

    Rápida solución

    Dende o executivo boirés xa lle trasladaron as queixas a Xestur co fin de buscarlle unha solución ó problema. Algo que podería darse nas próximas semanas.

    Redacción Barbanza