Esquerda Unida propón mercar a Finca de Vilaxoán e convertela nun centro de día

VILAGARCIA> Esqueda Unida propón converter o vello edificio da Finca de Vilaxoán nun centro de día. Dende a formación consideran que Vilagarcía ten orzamento suficiente para afrontar unha operación que roldaría o millón e medio de euros. A nova función do espazo tamén axudaría a descentralizar os servizos de Vilagarcía e potenciar Vilaxoán.

Este vello edificio de Vilaxoán é coñecido como a Finca. Hai dúas décadas era un local hostaleiro moi frecuentado en Vilagarcía e na contorna, pero dende hai anos está totalmente baleiro e abandonado. Dende Esquerda Unida da vila queren darlle unha segunda vida e propoñen que o concello adquira o terreo para convertelo nun centro de día.

Dende Esquerda Unida sinalan que Vilagarcía malgasta moitos cartos en cemento e que se invistan en servizos sociais. O custo podería roldar o millón de euros.

Para a formación, converter a finca nun centro de día tamén suporía descentralizar os servizos de Vilagarcía e axudar a potenciar Vilaxoán.

Dende Esquerda Unida queren crear un centro de día e unha zona para usos múltiples, de maneira que non só sexa utilizado polos veciños de Vilagarcía, se non tamén para que se acheguen persoas maiores dos concellos próximos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí