O prezo dos carburantes acada máximos históricos e segue á alza

    reportaxeprezosgasolina.jpgRIBEIRA> O prezo do combustible continúa á alza despois de que o barril de Brent acadara os 120 dólares, barreira que non superaba dende agosto de 2008.

    {flowplayer}barbanza/reportaxeprezosgasolina.flv{/flowplayer}

    O litro de gasolina roldaba este xoves o euro con vinte e nove, mentres que o gasóleo situábase tan só catro céntimos por debaixo. Unha suba que non pasou desapercibida para os que se achegaron ata unha estación de servizo para repostar.

    Estes prezos fan que encher o depósito se converta nunha práctica de luxo levando ós consumidores a tentar aforrar collendo o coche só cando sexa imprescindible.

    Sen embargo, hai para quen o transporte constitúe o seu medio de vida polo que a suba dos carburantes aféctalles especialmente.

    Tendencia á alza

    Lonxe de estancarse, semella que o prezo do combustible continuará á alza despois de tres meses seguidos de subas. Subas que dende as estacións de servizo lembran que son alleas ós distribuídos posto que dependen da cotización nos mercados e do prezo do cru.

    Redacción Barbanza