O SERGAS restablece o servizo de resonancia magnética no Hospital da Barbanza

BARBANZA> O Servizo Galego de Saúde vén de restablecer a actividade da unidade móbil de resonancia magnética no Hospital da Barbanza e tamén no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, despois do parón obrigado a consecuencia da fase aguda do coronavirus. Reactívase así unha modalidade asistencial que achega a última tecnoloxía en resonancia magnética a aquelas zonas alonxadas dos grandes hospitais. A medida supón ademais un aforro de tempo e custes para os pacientes que precisan destas probas e os seus familiares, que anteriormente tiñan que desprazarse fóra para poder realizalas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí