A promoción internacional como mellor fórmula para captar turistas

    BOIRO> Uns vinte representantes de clubs náuticos de toda Galicia reuníronse por iniciativa de Portos para analizar a liña estratéxica a seguir nos próximos anos. A experiencia deste último ano, principalmente nos meses de xullo e agosto, no que se incrementou considerablemente o número de tránsitos de embarcacións de recreo ós náuticos de carácter autonómico nunha media de preto do 20%, vai ser a liña a seguir de cara o próximo ano por parte de Portos de Galicia. Na xuntanza celebrada en Boiro e á que asistiron uns 20 responsables da xestión das infraestruturas náuticas nos peiraos de titularidade da Xunta , acordouse seguir coa promoción nacional e internacional en feiras e salóns de turismo náutico como é o caso de Fitur ou o Grand Pavois de La Rochelle. É mais, valorouse ampliar presenza noutros mercados como o alemán, o holandés ou o ruso O alcalde Boiro, Xoán Xosé Dieste, que neste caso actuou coma anfitrión desta xuntanza ó participar como administración local en tódolos eventos promocionais impulsados por Portos para a difusión da oferta náutica autonómica, destacou tamén esta estratexia co fin de captar a novos turistas.