O PSOE de Boiro propón a creación dunha concellería do Mar

    BOIRO> Tras unha rolda de contactos coas distintas asociacións de produtores, o PSOE de Boiro comprometeuse a crear unha concellería do Mar se a partir do 24 de maio teñen responsabilidades de goberno. Dende a agrupación socialista de Boiro consideran que o mar, en tódalas súas vertentes, ten unha especial importancia na economía local. Á pesca e o marisqueo súmase a industria transformadoras dos produtos do mar, especialmente conserveiros, así como o valor engadido que supón a nivel turístico e medio ambiental. Por estes motivos, os socialistas contemplan no seu programa a creación dunha concellería específica do mar que traballaría para solucionar os problemas do sector e serviría como interlocutor ante outras administracións. Propoñen, no marco desa concellería, a constitución dun consello sectorial de pesca onde estean representados tódolos sectores implicados. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/05/psoeboiroconcelleriadomar0505151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/05/psoeboiroconcelleriadomar050515.mp4{/flowplayer}