Díaz: “Estou contento co rendemento do 90% do plantel”

VILAGARCÍA> O Extrugasa recibe este sábado en Fontecarmoa ó Mann Filter Zaragoza. Coas dúbida de Begoña García por lesión, as vilagarciáns afrontan o choque convencidas de que poden rachar coa xeira de cinco derrotas consecutivas que agora acumulan.

{flowplayer}images/salnes/Extrugasa_240211.flv{/flowplayer} 

Esta foi outra semana difícil para o Extrugasa. E é que cada vez que hai unha lesión, un plantel tan curto de efectivos o nota, e moito. Desta volta son Marta Blanes e Begoña García as que están tocadas. O estado da aleiro non preocupa tanto xa que a súa dor no brazo vai remitindo e xa puido adestrar onte. No caso da base, o seu concurso ante o Mann Filter está no aire.

Ante tanto problema coas lesións xurde a pregunta de se o Extrugasa debería fichar, pero a opción está descartada. Aínda que o prazo para formalizar algunha incorporación está aberto ata o vindeiro luns 28, no club nin se plantexan esta posibilidade, claro está, por falta de cartos. Con todo a confianza de Tito Díaz no seu grupo é prácticamente total. 

Un apoio que precisarán o sábado cando reciban ó cuarto na xeral, un Mann Filter Zaragoza que está loitar cos mellores da liga e que presume dun dos planteis máis completos da competición, con dúas xogadoras por posto, de gran nivel. Tito Díaz sabe o que deben facer para ter opcións de victoria. 

O encontro dará comezo ás 19:00 no pavillón de Fontecarmoa.

Redacción Salnés