Un bar reparte máis dun millón de euros no sorteo da Bonoloto

    bonoloto_pontecesurescopy.jpgPONTECESURES> Polo momento, descoñécese a identidade do agraciado pero o propietario do negocio confía en que sexa algún veciño da vila.

    {flowplayer}images/salnes/BONOLOTO_PONTECESURES.flv{/flowplayer}

    Foi o bar Carabela o que repartiu sorte de novo na vila. E é que un boleto selado neste establecemento foi o único acertante de máxima categoría do sorteo da Bonoloto.

    Onte era cando se coñecía a nova e hoxe a imaxe do día era de decenas de veciños que se achegaban ata este bar para probar sorte.

    A combinación gañadora foi o 24, 30, 36, 8,1, 44 e o complementario o 35. Nesta ocasión o agraciado foi o único acertante o que lle permitiu levarse o bote acumulado de tres días que ascende a un millón cento cincuenta e seis mil euros.

    Aínda que descoñece quen foi o agraciado, o propietario do bar, José Fernández, confía en que sexa algún veciño do municipio xa que a maioría da súa clientela é de Pontecesures.

    Con este premio, o bar Carabela xa é a terceira vez que reparte sorte na vila. No 2008 deron un galardón de preto de corenta e cinco mil euros e no 2009 un veciño gañou máis dun millón e medio de euros.

    Con todo, José Fernández agarda que a racha de boa sorte continúe e poidan entregar máis premios destas características.

    Redacción Salnés