A Axencia Tributaria cumpre o prazo para a apertura das ofertas

    AXENCIA_TRIBUTARIA_CORUNA2copy.jpgVILANOVA> Entre os bens polos que se poxou atópase o Pazo de Vista Real, 2 baixos, 6, pisos, 6 bateas e 24 prazos de garaxe.

    {flowplayer}images/salnes/PREVIA_BENS_CHARLINS.flv{/flowplayer}

    Desde que o pasado día nove de decembro a Axencia Tributaria pechou o prazo para a presentación de ofertas en sobre pechado ós bens que lle foran comisados ós Charlíns e cuxa subhasta quedou deserta na primeira poxa, hoxe cumpriuse o prazo de cinco días do que dispoñía a entidade para a apertura das ofertas.

    Pero non será ata mañá cando se coñeza o titular destas propiedades. Entre elas atópanse dous baixos, seis bateas, seis pisos e vinte e catro prazas de garaxe. Será a mesa de subhastas da Axencia Tributaria a que ten que valorar as ofertas presentadas en cada caso e considerar como suficiente a suma dada polo máximo licitador.

    No caso de que algunha poxa quede deserta, non pasará a mans de ninguén e abrirase un novo prazo para buscar outra posible vía de adxudicación, o que podería dilatar todo o proceso ata seis meses.

    Isto non ocorrerá co Pazo de Vista Real polo cal o concello de Vilanova xa presentou a súa oferta. No caso de que este inmoble non pase a titularidade municipal comezarán o proceso de expropiación.

    Se é adxudicado ó concello, o seguinte paso é solicitar un crédito para efectuar o pago e comezar unha rolda de contactos para buscar financiamento.

    Redacción Salnés