Unha fochanca podería custar unha sanción de 5.000 euros a Cambados

    CAMBADOS> O concello de Cambados podería enfrontarse a unha sanción de 5.000 euros da Xunta de Galicia. O motivo: unha fochanca no firme da estrada da avenida de Vilagarcía. O goberno autonómico asegura que un problema na tubaxe municipal é a responsable. O executivo local, pola súa banda, critica o mal estado xeral deste vial de titularidade autonómica. O concello de Cambados vén de recibir unha proposta de inicio de expediente sancionador por parte da Xunta de Galicia polo afundimento do firme no punto quilométrico 9 da estrada PO-559, Cambados-Vilagarcía. O goberno autonómico responsabilízaos da fochanca que apareceu na zona. O goberno local xa solicitou un informe a Viaqua para averiguar se realmente a tubaxe é a responsable do problema, pero non ocultan a súa sorpresa por esta posible sanción. O executivo cambadés sinala que o firme leva anos deteriorado, e que a tubaxe non é unha obra recente. Incluso aseguran que xa interviron en varias ocasións con cargo ás contas municipais. Abal pediu ademais a colaboración de todas as administracións, recordando a importancia de manter en bo estado as infraestruturas tendo en conta o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/31/cambados_denuncia_fochanca_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/31/cambados_denuncia_fochanca.mp4{/flowplayer}