A Festa do Albariño trae a Cambados a Julio Iglesias, o 1 de agosto

    CAMBADOS> O alcalde Luis Aragunde anunicou a presencia de Julio Iglesias na Festa do Albariño. O concerto será o día 1 de agosto na praza de Fefiñáns.

    {flowplayer}images/salnes/JulioIgelsias_090712.flv{/flowplayer} 

    A edición número 60 da Festa do Albariño contará coa presencia dun dos grandes artistas de sempre da canción española, Julio Iglesias. Así o fixo saber Luis Aragunde esta mañá, nun acto no que estifvo acompañado por Joaquín Martínez, da productora Esmérate, a responsable de que o cantante recale na Praza de Fefiñáns o 1 de agosto.

    Aragunde amosouse especialmente satisfeito pola presencia de Julio Iglesias, sobre todo porque o artista amosou unha moi boa predisposición para actuar na vila do Albariño tanto, que a súa contratación, que roldaría os 300.000 euros, sairallle de balde ó concello. 

    O cantante, cabaleiro do Albariño dende 1993, ofrecerá un concerto no que tocará os seus grandes éxitos. Será ademais o único recital en terras galegas dentro da xira española deste verán.

    En Fefiñáns colocaranse unhas 700 cadeiras mentres que o resto de persoas que completen o aforo de 5.000 terán que velo concerto de pé. O que aínda non está definidio é o prezo das entradas, que sairán á venda entre o mércores e o xoves.

    Redacción Salnés