Solicitan a anulación da sentencia polo ‘crime da PlayStation’

    APELACION_PLAYSTATION copia.jpg SALNÉS> A defensa de Ramón González Agrasar, condenado por asasinato, considera que non ten ‘suficiente fundamentación xurídica‘.

    O avogado de Ramón González Agrasar considera que a sentencia emitida pola Audiencia Provincial de Pontevedra non ten ‘suficiente’ fundamentación xurídica, por non quedar demostrado durante o xuízo o valor probatorio das probas e basearse no testemuño da nai da vítima, Marcos Muñiz, unha declaración que segundo o letrado é ‘falsa’, á luz das ‘numerosas contradicións nas que incorreu a muller. Na súa argumentación, a defensa de Agrasar engade que o xurado popular que considerou ó seu cliente culpable de asasinato, non respectou a presunción de inocencia do mozo, ó sentar a condena sobre a ‘verosimilitude dos feitos’, e non en feitos certos ou demostrados con probas obxectivas.

    Por todos estes motivos, a defensa solicita ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a anulación da sentencia condenatoria emitida pola Audiencia de Pontevedra, e no seu defecto, que se lle rebaixe a pena de 15 anos de prisión a dez, e tamén se reduza a contía das indemnizacións a pagar: dun total de 240 mil euros a 106 mil entre o fillo menor da vítima e os seus pais.

    A fiscalía defendeu a validez da sentencia emitida pola Audiencia de Pontevedra, pero recoñeceu que o tribunal provincial non tivo en conta que Agrasar non tiña antecedentes penais, por iso pide unha redución da pena a doce anos e seis meses de cadea. A acusación particular negou unha vez máis que o condenado actuase en defensa propia.

    Redacción Salnés