Portas expón a obra de 27 artistas na Azucreira durante a tarde dos domingos

    Os domingos de este mes poderán visitar unha exposición na sala de exposicións da Azucreira de Portas. A mostra que reúne o traballo de 27 artistas divídese en tres disciplinas: pintura, escultura e fotografía. Escultura, pintura ou fotografía, esas son as tres disciplinas nas que se dividen o traballo de 27 artistas galegos que se está a expoñer na sala de exposicións da Azucreira de Portas. Unha iniciativa que organizaron dende a área de cultura do concello de Portas. A mostra inaugurouse o pasado 1 de outubro, e durante este mes poderá seguir a ser visitada por todo aquel que se achegue a Portas durante os domingos. Sergio Cancela é un dos artistas que expón algunhas das súas obras. A tradición e a cultura tampouco se esqueceu nas obras, é o caso das tres pinturas de Marisé Canda. Esta mostra permanecerá aberta ao público ata finais de mes, é de balde e o horario para será a partir da tarde.