O Vilalonga visita ó mataxigantes. Ó Portonovo só lle vale gañar

SALNÉS> Nova reválida do Portonovo na casa, desta volta ante o Mesón do Bento. O Vilalonga pola súa parte terá unha visita complicada ó campo do Negreira. Mentres na Preferente Sur vivirase outro capítulo máis na loita pola permanencia con catro equipos do Salnés inmersos nela.

Difícil papeleta para o Vilalonga que esta semana visita ó Negreira. Os de Julián Ferreiro son séptimos con tan só tres puntos máis que os celestes, pero este ano presumen de terlle gañado ós mellores, de ser o mataxigantes. Venceron ó Racing de Ferrol as dúas veces, e ó Cerceda tamén as dúas veces, a última a semana pasada cando se levaron a victoria do Roxo por 0-1. Os de Gabi Leis saben da importancia deste partido. A semana que ven reciben ó Cerceda e a seguinte descansan, polo que os de abaixo poderían recurtarlle puntos nas vindeiras xornadas. Por iso deben traerse algo positivo do García Calvo.

Enésima reválida para o Portonovo na casa, onde busca a segunda victoria da temporada. O Mesón do Bento chega cunha xeira acumulada de seis partidos sen perder que lles coloca na zorna morna da clasificación. Os de Jacobo Molina, a cinco puntos da permanencia, saben que este pode ser un dos derradeiros trens de cara á salvación.

Interesante estará a xornada na Preferente Sur onde se vivirá unha bonita loita sobre todo pola parte baixa da xeral. O Céltiga, xa inmerso na pelexa, xoga un partido crucial ante o Porriño, do que só lle separan dous puntos na táboa. Acude á cita coas baixas de Aarón e Luis Alberto por sanción e coa intención de recuperar o acerto de cara a portería.

Manu tampouco estará no Ribadumia no partido que o seu equipo afronta ante o Ourense B. Os de Ramiro Sorbet queren seguir sendo fortes na casa onde son un dos mellores equipos do campionato.

Duelo crucial do Arosa ante o Marín. Despois de caer co Choco e ver freada a súa xeira de resultados, os de Lino González precisan dos tres puntos ante un rival que lle saca cinco na xeral.

O Cambados tocaralle bailar cunha das máis feas esta semana. O Cruceiro pasa por ser o equiupo máis en forma da competición con 16 puntos sumados dos últimos 18 en xogo.

Con moita máis tranquilidade afronta a xornada o Sanxenxo se ben a súa mirada está nos postos de ascenso, que agora ten a seis puntos. Visitan o campo do Choco coa importante ausencia de Cuchi, sancionado.

Redacción Salnés