Lazareto e afectados polo vial ó porto obteñen o apoio do pleno

    PLENO_VILAGARCIA_FEBREIROcopy.jpgVILAGARCÍA> Aínda que o acordo foi unánime, a sesión non estivo exenta de polémica e acusacións entre as diferentes formacións.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_VILAGARCIA_feb2011.flv{/flowplayer}

    A sesión comezaba coa toma de posesión de Álvaro Carou coma edil do partido socialista.

    Acto seguido, os veciños afectados polas expropiacións do vial ó porto, a través do presidente da asociación de veciños de Sobradelo, pediron o apoio do pleno para obter o compromiso de pago do Ministerio de Fomento.

    A petición foi aprobada por unanimidade pero a situación non se librou das críticas dos grupos da oposición.

    Pola súa banda desde o concello, recoñeceron a necesidade de que se faga efectivo o pago e mostráronse á enteira disposición destes veciños. A concelleira do BNG, Ana Lorenzo, mesmo confesou que van achegar o caso ó Parlamento.

    Colectivo Lazareto 

    A maior polémica xurdiu a raíz do quinto punto da orde do día. As mariscadoras do colectivo Lazareto facían acto de presenza para pedir tamén á corporación o seu apoio fronte á Consellería do Mar.

    A presidenta da asociación mesmo acusou ó partido popular de ser o responsable desta situación. Palabras ante as cales o voceiro da formación sinalou que non era maneira de comezar.

    Pola súa banda, tanto EU, coma o partido socialista e o BNG valoraron que a Consellería enganou a este colectivo xa que lles prometeran a creación de 21 permex, cando só estaban facendo, ó seu parecer, campaña electoral.

    Ante estas acusacións Tomás Fole non se pronunciou ó respecto. Finalmente, tamén por unanimidade, aprobaron a petición de apoio ó colectivo.

    Redacción Salnés