Tania García presenta o proxecto de construción dos bancos de Ravella

    tania_garcia_urbanismocopy.jpgVILAGARCÍA> Anunciou, ademais, que a pasarela do século XX achada na rúa Arzobispo Andrade será, finalmente, cuberta.

    {flowplayer}images/salnes/BANCOS_RAVELLA.flv{/flowplayer}

    Despois de que se aprobara no último pleno do mes de decembro a restitución dos bancos de azulexo e chafariz do Xardín de Ravella, hoxe semella está máis preto de ser unha realidade.

    Esta mañá, a edil de Urbanismo presentou o proxecto de reconstrución. Un documento, que segundo explicou Tania García, conserva a imaxe orixinal que tiñan os bancos a comezos do século XX.

    Ademais, este proxecto conta co visto bo da comisión de veciños que no seu día se opuxera ó seu derribo. Agora, terán que mandalo documento a Patrimonio para que autorice a súa reconstrución inmediata.

    Ó tempo, a edil de Urbanismo confesou que xa mantivo contactos coa empresa adxudicataria para, na medida do posible, acometela obra dentro do proxecto global do xardín de Ravella. Polo momento, non hai unha partida orzamentaria destinada a esta actuación.

    Con respecto á pasarela achada na rúa Arzobispo Andrade tras comezalas obras de peonalización da rúa, confesou que finalmente será cuberta.

    Unha decisión acatada, sinalou, tras valoralo como a mellor opción para súa preservación tanto por Patrimonio, polo director de obra e o arquitecto municipal.

    En superficie, a través doutra pavimentación farán visible a pasarela. Mesmo están a estudala posibilidade de instalar paneis informativos.

     Redacción Salnés