Cacabelos non se sentará con Gonzalo Durán mentres sexa presidente en funcións da Mancomunidade

O GROVE> As polémicas declaracións de Gonzalo Durán, continúan coleando dúas semanas despois. O alcalde de O Grove, José Antonio Cacabelos, é firme; non volverá a sentarse con Gonzalo Durán nunha mesa. O meco sinala que non lle val o argumento de que foron declaracións desafortunadas, senón que segundo él mesmos afirma, foron unhas declaración machistas, e recorda que os socialistas presentes na Mancomunidade do Salnés non participarán nos seus órganos de goberno mentres Gonzalo Durán siga ostentando a presidencia en funcións.
José Antonio Cacabelos non volverá a sentarse nunha mesa co presidente en funcións da Mancomunidade de O Salnés, Gonzalo Durán. O motivo non é outro que as declaración que fixo o alcalde de Vilanova, sobre a presidenta da Deputación de Pontevedra. Cacabelos sinala que non foron desafortunadas senón machistas.
Cacabelos reclama a todos os membros do Partido Popular e simpatizantes que reflexionen sobre os comentarios de Durán. Unhas declaracións que teñen como consecuencia directa que os integrantes socialistas da Mancomunidade de O Salnés non participarán de este órgano mentres o vilanovés continúe sendo o presidente en funcións da mesma.
Segundo Cacabelos as consecuencias de non acudir aos órganos da Mancomunidade tradúcense en diferentes contextos.
Para o alcalde meco a Mancomunidade de O Salnés traballa en beneficio dos concellos que a integran e que nada ten que ver co debate político, aínda que Cacabelos, sinala que non todo vale, e asegura que o machismo é inaceptable nos tempos que corren.