O presidente da mancomunidade do Salnés acusa de tránsfugas aos socialistas de Meaño

SALNÉS> O presidente en funcións da mancomunidade do Salnés critica ao PSdeG por incumprir o seu código ético e non sancionar aos concelleiros de Meaño. Asegura que atendendo as normas do PSdeG o representante socialista de Meaño no ente comarcal é un tránsfuga. Para Gonzalo Durán que os socialistas lideren a mancomunidade con ese voto é unha vergonza.

Unha vez establecidos os gobernos municipais e a Deputación de Pontevedra o único ente que queda por constituírse é a Mancomunidade do Salnés. O presidente en funcións ten 15 días para convocar a xunta xeral. Unha sesión na que a maioría de vogais serán socialistas. Isto foi posible grazas ao apio do PP de Meaño ao candidato do PSdeG da vila, feito que o presidente en funcións da mancomunidade xa criticou. Tralo expediente que o seu partido abriu contra o alcalde de Meaño, agora Gonzalo Durán carga contra os socialistas acusándoos de falta de ética.

Para Gonzalo Durán é unha vergoña que os socialistas vaian a liderar a Mancomunidade con este voto.

O presidente en funcións tamén se referiu á reclamación que o PP de Sanxenxo fixo polo rexeitamento do seu terceiro membro. Considera que correspondíalles un vogal máis é a única localidade onde o secretario municipal non aceptou o voto de calidade do alcalde.