Rosca, viño doce, caramelos e queimada na Festa da Encarnación

    Vilanova > O Domingo de Pascua, os veciños de Caleiro celebraron un ano máis con rosca, viño dóce e caramelos a Festa da Encarnación. Veciños e visitantes permaneceron no entorno da capela dende o amencer e ata ben entrada a madrugada.

    festadaencarnacionvilanova_300_170406.jpgOs veciños de Caleiro volveron demostrala súa xenerosidade e repartiron medio cento de roscas, viño de xerez, caramelos e queimada na festa na honra da Virxe da Encarnación. Coa chegada da Semana Santa, cos veciños agardan ansiosos a celebración dunha das súas festas máis concorridas. A salva de bombas ás 8 da mañá marcaba o inicio dun día de festa mesturado co fervor relixioso á Virxe da Encarnación. Ás 9 da mañá a música comezaba a espertar ós mais preguiceiros, da man varios grupos de gaita locais e a Banda Cultural de Vilanova, responsable da alborada por toda a parroquia. A misa solemne tiña lugar á 1 da tarde, momento de maior afluencia de devotos xunto coa procesión que tiña lugar ás 6 e media da tarde. Ó seu remate, repartiuse rosca e viño doce entre os asistentes, ó igual que acontecera pola mañá, e tamén tiña lugar a xa tradicional “tirada de caramelos”. Tres orquestras amenizaron a festa dende a noitiña ata ben entrada a madrugada. A media noite era obrigado o parón para degustala queimada.

    festaencarnacionvilanovaroscon_300_170406.jpgO mal tempo desluciu a Festa do Roscón de Caldas de Reis, que se celebrou esta fin e semana. Unha vintena de establecementos da comarca Ulla Umia, ó amparo do Centro de Iniciativas Turísticas de Caldas decidiron recuperar esta tradicional cita gastronómica de Semana Santa. O principal obxectivo, promover turística e culturalmente a comarca. Para esta festa dispuxéronse 800 roscóns, que se puideron adquirir gratuitamente nos establecementos colaboradores e tamén en diversas degustacións na rúa. O entorno da Praza de Abastos de Caldas e a rúa Real albergaron os actos principais da festa.

    Redacción Salnés