Costas adquire os terreos da vella conserveira de Castiñeiras

    compraterreoscostascastineiras.jpgRIBEIRA> Cúmprese así unha vella reivindicación dos veciños desta parroquia ribeiresa que sempre defenderon que os terreos pasasen á titularidade pública.

    {flowplayer}barbanza/compraterreoscostascastineiras.flv{/flowplayer}

    Aínda que non se produciu comunicación oficial da adquisición por parte do Ministerio de Medio Ambiente nin do propio concello de Ribeira, fontes desta redacción tiveron acceso ó documento de compravenda que consta no Rexistro da Propiedade de Noia, con data do pasado tres de febreiro, polo cal a Demarcación de Costas do Estado pasaba a ser a propietaria destes terreos, en mans do Banco Popular, despois de que lle fora embargada ós seus anteriores propietarios. A nova foi moi ben acollida polos veciños desta parroquia que dende hai tempo viñan demandando que os terreos pasasen á titularidade pública. Dase a circunstancia de que os terreos en cuestión, a pesar de estar ubicados en primeirísima liña de costa, non están considerados como de dominio público terrestre, senón que teñen un carácter privado, de aí o temor de moitos veciños de que puideran caer en mans privadas e construir alí unha gran urbanización.

    Futuros usos

    Polo de agora aínda nada se sabe do futuro proxecto que ten en mente Costas para esta zona, de aproximadamente 16 mil metros cadrados de superficie, aínda que todo parece indicar que se converterá nunha gran área de esparexemento, para uso e desfrute de veciños e visitantes.

    Redacción Barbanza