![]()
SANTIAGO> O Xulgado de Instrucción número 1 de Padrón ven de admitir a trámite a querela criminal interposta polo Consello Regulador do Mexillón…
{flowplayer}images/salnes/denuncia_cortizo.flv{/flowplayer}
… de Galicia contra a empresa Conservera de Rianxo S,A, que comercializa a marca Cortizo. Segundo os denunciantes, esta firma vende por galego producto doutros países,como pode ser Chile, enganando así ós consumidores e cometendo un fraude no tocante á calidade e en contra de Denominación de Orixe Protexida do Mexillón de Galicia. No seo do Consello Regulador xa levaban tempo estudiando estas presuntas fraudes desde o seu departamento de I+d+i, baixo supervisión notarial e xunto co seu asesor xurídico; para demostrar que non se está a respectar a DOP; un marchamo de calidade que non interesa ó sector conserveiro que saía adiante para poder ser quen de acometer estas fraudes sen freo algún. Desde o sector miticultor tamén se preguntan pola postura da Consellería do Mar sobre estes feitos reiterados, posto que se supón que debera ser o ente encargado de velar polos intereses das máis de 2.400 familias que viven directamente deste sector; que cada ano poñen no mercado máis de 260 millón de quilos deste producto.
Desde a Asociación Nacional de Conservas de Pescados e Mariscos defenden o cumprimento da legalidade na transformación e comercialización do mexillón de Galicia, avogando polo cumprimento da normativa de etiquetaxe dos productos transformados do mar. Asemade, desde ANFACO dubidan seriamente das condicións nas que se realizaron as mostraxes que fundamentan a denuncia formulada polo Consello Regulador do Mexillón de Galicia.
Pola súa banda,a portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario socialista, Marisol Soneira, ven de rexistrar a petición dunha comparecencia parlamentaria da Conselleira do Mar, na que dea conta das medidas de accións que vai a adoptar o seu departamento ante as graves denuncias que veñen de formular desde o Consello Regulador do Mexillón. Desde a empresa denunciada Conservera de Rianxo S.A. desmenten esta información. En primeiro lugar, amosaron o seu malestar por interesarse destes feitos pola prensa sen ter antes notificación algunha de ningún Xulgado. Ademais, destacaron que a súa empresa sempre envasa producto galego; co que queren saber en que probas se basean os denunciantes para interpoñer esta demanda. Ante esta delicada situación, que pon en perigo a imaxe da marca Cortizo e o preto dun cento de empregos que se nutren dela, apelaron ás máximas cautelas posibles respecto a este tema, ó tempo que anunciaron que emprenderán as medidas oportunas contra o Consello Regulador do Mexillón de Galicia.
Redacción Salnés







