Desmantelado un punto de venda de droga en Rianxo

RIANXO> A Garda Civil de Boiro vén de desmantelar un importante punto de venda de estupefacientes en Rianxo. Detivo a dous veciños da localidade e outro de Ribeira como presuntos autores dun delito contra a saúde pública.

A operación, denominada Golfgri, iniciouse o pasado mes de abril, cando a Garda Civil tivo coñecemento da posible existencia dun punto de abastecemento e venda de droga nun domicilio de Rianxo. Tras realizar as investigacións pertinentes, os axente conseguiron a identificación plena dos presuntos responsables do tráfico de estupefacientes así como a localización dos vehículos que utilizaban para cometer estas actividades ilícitas.

A operación precipitouse cando un dos implicados abandonou o domicilio tras unha forte discusión coas súa parella. momento en que os gardas civís procederon á inspección do equipaxe que portaba e o vehículo no que o introduciu solicitando a colaboración da Policía Local de Rianxo. No interior da maleta acharon dez bolsas que contiñan preto dun quilo de heroína, varios envoltorios con cocaína, que sumaban preto de 2 quilos, tres pastillas de haxix e unha bolsa con marihuana así como de 2500 euros en moedas.

Os axentes procederon entón á súa detención así como á incautación da droga. dadas as evidencias de que se trataba dun punto de venda organizado, os axentes solicitaron á autoridade xudicial unha orde de entrada e rexistro do domicilio onde localizaron tamén grandes cantidades de estupefacientes  así como material utilizado para manipular a droga e preparala para a súa distribución. A garda civil procedeu entón á detención dous outros dous responsables . Foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Número dous de Padrón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí