O sorteo da Bonoloto deixa máis dun millón de euros en Porto do Son

PORTO DO SON> Máis dun millón de euros. Esa é a contía do premio que deixou a Bonoloto en Porto do Son. O único acertante da combinación gañadora selou o seu boleto na administración de lotaría número 1, situada na rúa da Igrexa.

O sorteo da Bonoloto deste luns fixo millonario a un sonense. Un boleto selado na administración número 1 da rúa da Igrexa resultou premiado cun millón trinta e dous mil euros. Trátase do único acertante da combinación gañadora conformada polos números 4, 10, 12, 14, 33 e 45.

Non é a primeira vez que esta administración reparte sorte entre os seus veciños. O seu propietario lembra a longa lista de premios entre os que destacan un segundo e un terceiro do sorteo de Nadal.

Polo momento descoñécese a identidade do afortunado aínda que podería tratarse dun cliente habitual posto que a afluencia de turistas non se rexistra ata ben entrado mes de xullo.

Sexa quen sexa de seguro que, nestes intres, está a celebrar a súa sorte ó igual que o propietario da administración xa que estes premios soen ter un efecto chamada contribuíndo  a dinamizar as vendas.