![]()
RIBEIRA> Un ano despois da inauguración da Casa da Xuventude de Ribeira, o edificio non acolleu nin unha soa actividade.
{flowplayer}barbanza/bngribeiracasaxuventude.flv{/flowplayer}
Galiza Nova denuncia que o edificio non reúne as condicións para que a mocidade de Ribeira poida realizar actividades. Ademais das deficiencias estruturais, o inmoble está a deteriorarse cada vez máis posto que ó estar practicamente abandonado é utilizado por moitos mozos para facer botellón.
Dende o BNG volverán levar a pleno una moción solicitando a dinamización non só da casa da xuventude senón doutros centros de tódalas parroquias susceptibles de acoller actividades de lecer para os máis novos.
Redacción Barbanza






