![]()
RIANXO> A actuación, cun presuposto que se achega ós 300 mil euros, está financiada integramente polo Ministerio de Cultura.
O alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, informou da adxudicación das obras de remodelación da casa de Manuel Antonio para a súa conversión en museo.
{flowplayer}barbanza/obrascasamanuelantonio.flv{/flowplayer}
A empresa Construciones Oñial SL será a encargada de levar a cabo esta actuación cun presuposto de máis de 283 mil euros, tendo tres meses para poder acometelos traballos, xa que é o prazo que ten o concello para poder xustifica-la subvención ante o Ministerio de Cultura.
Segundo o rexedor dase así un paso máis para levar a cabo o ambicioso proxecto da Academia Literaria. O seguinte paso dentro deste proxecto será o acometer unha actuación semellante na vivenda de Rafael Dieste. Caso distinto é a casa de Castelao.
Redacción Barbanza










