![]()
RIANXO > Xoán Bautista Mariño Abuín repetirá como candidato á alcaldía de Rianxo polo BNG.
A asemblea local do BNG de Rianxo apostou por renova-la confianza no actual voceiro municipal logo de valorar moi positivamente o traballo desenvolvido por el á fronte do grupo municipal ó longo destes catro anos de lexislatura.
Como tarefas inmediatas Xoán Bautista Mariño asumirá a coordinación e elaboración do programa electoral no que se primará a participación activa dos veciños, así como dos colectivos e entidades sociais existentes no municipio.
Participación cidadá
O BNG rianxeiro considera que entre os seus principias eixos programáticos de actuación debe esta-la transparencia e a eficacia na xestión municipal pública, polo que fomentarán a participación veciñal nos asuntos públicos, tratando de erradicar, o que consideran como políticas de favores.
Está previsto que nas próximas datas se reuna a dirección local do BNG en Rianxo para ir deseñando a lista electoral, buscando incorporar ás persoas mellor preparadas, pertencentes a tódalas parroquias e tódolos colectivos sociais para traballar por un futuro mellor para o municipio.
Redacción Barbanza









