A Xunta inviste 45 mil euros en diversas obras de reforma no centro de saúde de Rianxo

RIANXO> O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a Xerente de Atención Primaria da área Sanitaria Santiago-Barbanza, Eloína Núñez, supervisaron as obras de mellora levadas a cabo recentemente no centro de saúde, nas que se investiron máis de 45 mil euros.

Entre outros aspectos os traballos supuxeron a mellora do sistema de climatización.

Aproveitaron a visita para coñecer tamén o funcionamento dos servizo de hospitalización a domicilio, o HADO, que vén de implantarse tamén no municipio, do que xa se beneficia un veciño da localidade.

A xerente tamén se referiu á pouca disponibilidade de profesionais, non só de medicina senón tamén de enfermería, que fan inviable poder mellorar determinados servizos.

Neste sentido agradeceu o traballo que realizan os profesionais deste centro de saúde que en moitos casos deben asumir maior carga de traballo da que deberan.

Segundo ela no último mes cubriuse unha das baixas que estaban pendentes, neste caso a de médico de familia, e nos próximos meses incorporarase tamén a figura dun farmacéutico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí