Ribeira acollerá o 19 de outubro o IV Open de Spinning de Galicia

RIBEIRA> Os amantes da pesca deportiva terán unha cita en Ribeira o vindeiro 26 de outubro coa disputa da cuarta edición do Open Spinning de Galicia.

A organización ten previsto para ese día, dependendo das condicións metereolóxicas, dous escenarios.

Dende o Concello animan tamén a participar neste campionato.

As inscricións aínda están abertas podéndose realizar ata o vindeiro día 20.

Dende a organización agardan unha participación próxima ós 170 pescadores chegados dende diferentes puntos de toda Galicia e incluso de fóra.

Todo o peixe capturado será doado posteriormente a unha entidade benéfica para o seu consumo.