RIBEIRA> As policías Local e Nacional de Ribeira solicitan a colaboración cidadá para a localización e identificación dos presuntos autores dunha brutal agresión a un mozo na madrugada do domingo.
Ó parecer a pelexa producíase ó remate das festas na honra da Virxe da Guía, na Capela, en Carreira.
Segundo informaron fontes policiais trataríase de tres menores de idade, duns 16 anos.
O mozo agredido sufriu lesións de consideración no seu rostro e mesmo chegou a perder varias pezas dentais.











