![]()
VILAGARCÍA> A edil de Benestar respondeu ás críticas, confesando que nestes momentos hai preto de 300 prazas para nenos de 0 a 3 anos.
{flowplayer}images/salnes/ANA_LORENZO_RESPONDE_EU.flv{/flowplayer}
Estas críticas da oposición vertíanse trala visita da directora xeral do Instituto da Muller a Vilagarcía, encontro que tinguiron de electoralista. A edil de Igualdade e Benestar, Ana Lorenzo, sinalou que os datos proporcionados por Esquerda Unida están moi lonxe da realidade. Aínda, que recoñeceu que todo é mellorable, a información facilitada empregouse, di, de maneira sesgada e errónea.
Lorenzo engadiu que en moitas ocasións non é só responsabilidade do concello a xestión de diversos servizos en materia de igualdade. Puxo coma exemplo, a creación de 17 prazas públicas na Residencia de Anciáns Divina Pastora cando eles lles solicitaran 100. No tocante ó servizo de axuda ó fogar confesou que mesmo en ocasións ofreceron o servizo antes de contar co informe final da Consellería. Por último, destacou que, polo momento, non teñen novas do centro de día do Bosque dos Desamparados.
A este respecto, onte a edil de Muller, Vitoria Hierro, dixo que seguirán apoiando ós homes para que soliciten a baixa por paternidade. Respondendo á edil do Partido Popular, Rocío Llovo, dixo que si rexeitaron un curso de autoprotección destinada a mulleres porque non é a solución para loitar contra a violencia.
Finalmente, Vitoria recalcou que Vilagarcía é un referente en fomentar a igualdade xa que mesmo mulleres doutras localidades da comarca fan uso do Centro de Información á Muller.
Redacción Salnés






