![]()
RIANXO> Unha veciña de Cespón de 85 anos faleceu esta madrugada ó ser atropelada por un camión na autovía do Barbanza, á altura da saída de Rianxo.
{flowplayer}barbanza/atropelomortalautoviabarbanza.flv{/flowplayer}
O suceso producíase ó redor das seis desta mañá, neste punto da autovía do Barbanza, o 17.200, a escasos metros da saída de Rianxo.
O condutor dun camión frigorífico da empresa ribeiresa Ignacio González Montes que circulaba en dirección Santiago atropelaba a unha muller de 85 anos, María M.G., veciña de Cespón, que nese momento transitaba polo medio do vial.
Investigación
A Garda Civil de Tráfico estuda as posibles causas do atropelo. Aínda así, ninguén se explica porque estraña razón María foi parar a ese lugar. A anciá ten un fillo, aínda que dende hai algún tempo residía soa na súa vivenda.
Redacción Barbanza











